miércoles, octubre 31, 2007

LUPE GÓMEZ

LEVAR BOLSO

Sempre levo bolso.
Son elegante como María Antonieta.
Atravesar Versalles cun bolso grande.
Ou pequeno. Todas as mulleres levan bolso.
No bolso levan a vida, o cepillo de dentes, as compresas.
Levo o móbil, os cadernos nos que pinto palabras, a música.....
Miña nai no bolso non leva nada. Ela non ten cousas.
Só ten coloretes na cara, e algúns cartos, algunhas receitas.
Os homes non levan bolso porque son aburridos.
Levo no bolso cartas de Amor. Levo unha barca.
Podes levar o bolso de forma moi fina, ou levalo con naturalidade.
Hai mulleres intocables. Tan presumidas, tan frías!
Gústame xogar co bolso. Rompelo. Tiralo ao chan.
Sei ser feminina. A feminidade está na alma,non nos adornos.
No bolso levamos o noso patrimonio, as nosas feridas,
os nosos compromisos, o noso traballo. O desamor.
Levo VACAS no bolso. Levo o futuro, as ansias, os medos.
Bandeiras de moitos países. Bragas de moitas cores.
Gústanme os homes con bolso. Parecen máis importantes.
Levan libros, xornais, fotografías. Desexos, recordos, sentimentos.
Levo unha barra de labios, pañuelos para os mocos, tigres, leóns, gatos.
Divírtome co bolso, porque é como ir á feira.
Cruzo moi feliz as grandes cidades.
Vou a Cuba, vou a Venecia e vou a Praga.
Aprendo idiomas. Quédome solteira. Roubo pexegos.
No meu armario teño moitos bolsos. Diferentes tamaños, diferentes
cores, diferentes estacións do ano. Sempre vou á moda.
O meu bolso é o meu documento de identidade. Sempre o encho tanto
que acaba pesándome. Gústame baleiralo, tirar cousas, sentirme lixeira
como as nubes. O tacto é a esencia das persoas.
O corpo, unha arquitectura branca. Ámote porque levas bolso.
Porque fasme chorar coas cousas bonitas que me dis.
Levo perfume no bolso. Levo camelias. Levo buguinas.
Os teus ollos. O teu sorriso. A canción triste do inverno.
O meu bolso é a miña casa.
O glamour das princesas.

A Terra namorada... O BATER DAS ONDAS.




2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lupe, cinco años que estuve en Galicia...Y me encanta el idioma gallego.

É mais, eu podo facer promoción do meu blog no teu lingua-mais o menos-si quero:

http://blogdeadolfogonzalez.blogspot.com

(non se ilumina o enlace, non sei...)

Biquiños. Adolfo González.

10:01 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

me encantó este poema: una mujer con su bolso, tan personal, tan linda, tan ella.
gracias por darle a la mujer ese espacio tan dulce, sin caer en clichés, con esa ternura.

12:13 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home